Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoración. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de mayo de 2025

Día das Letras Galegas

 


 Chegou un novo Día das Letras Galegas!

 A edición deste 2025 é moi especial porque está dedicada ás cantareiras tradicionais e á poesía popular oral que elas foron mantendo durante os anos, moitas veces na intimidade e a clandestinidade. 
 Por este motivo, a nosa celebración tamén ten dúas vertentes.

 Por unha banda fomos deixando polo hospital adiante cantigas históricas compiladas por antropólogas ao longo dos anos e de toda a xeografía galega para poñelas en valor e darlles difusión durante estes días.





 E por outro lado, desde o grupo de pandereta, o noso profesor Suso propúxonos facer unha sobremesa de foliada cantando en grupo que foi un éxito total tanto de afluencia como de desfrute. 


 O tempo acompañounos tanto que a xente foise sumando e pasamos un momento estupendo en homenaxe ás letras galegas e á música tradicional.
 




 Moitísimas gracias a toda a xente que se animou a cantar, tocar a pandereta, bailotear ou simplemente unirse ao grupo, así dá gusto!



 Con ese bo ambiente apetece repetir o máis pronto que se poida!


viernes, 2 de mayo de 2025

Aí vén o maio de frores cuberto ...

 Neste primeiros días do mes de Maio é moi común por Galicia adiante facer a celebración da primavera con algún tipo de tradición relacionada coas primeiras flores e o aumento das horas de sol e calor.

 Xa temos falado máis veces sobre que na zona de influencia da cidade de Ourense é moi típico crear e expoñer esculturas figuradas realizadas con materiais naturais e compartir cantigas sobre temáticas de actualidade. 

 Porén, hai outros lugares nos que se utilizan ramas de xesta para escorrentar os malos espíritos ou a xente de atavía con coroas coloridas para imitar aos personaxes ancestrais das maias galaicas.

 Este ano nós non os celebramos, pero sempre os temos na cabeza porque nos recorda a chegada das abundancias da natureza primaveral.



 Tamén nos gustaría moito saber se pola vosa zona hai algún outro tipo de tradición para esta época do ano!


E para rematar, unha reflexión de Vicente Risco sobre o seu valor cultural:

 "A festa dos Maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguer o sol por riba do horizonte e coller altura e forza".




viernes, 7 de marzo de 2025

Mulleres galegas que fixeron historia.

 


 Co gaio da celebración do Día das Mulleres este próximo 8 de Marzo coas terapeutas fixemos unha lectura da biografía dalgunhas mulleres galegas que destacaron en diferentes eidos da vida social.

 Moitas delas eran coñecidas por nós, mais sobre a maioría pouca idea tiñamos. 

María Wonenburger

 Lemos sobre Maruja Mallo e Julia Minguillón, pero tamén sobre Micaela Chao, María Casares, Ángeles Alvariño, Carmen Rodríguez "Hildegart", Antía Cal, Ernestina Otero, Antonia Dans, Olimpia Valencia, Antonia Ferrín, Concepción Amat, María Wonenburger, Pepa Noia e Carmen Babiano; pero moitas outras nos quedaron por coñecer.

Antonia Ferrín

Carmen Babiano

Antonia Dans

 O que nos quedou claro foi que é fundamental conmemorar días coma estes para tratar de correxir algo a historia que non se nos ten contado e construír un futuro moito máis igualitario.



viernes, 14 de febrero de 2025

Día Mundial de la Radio



 Ayer, 13 de Febrero, era el Día Mundial de la Radio y aprovechamos para celebrarlo en la actividad de pensar de los jueves.

 Repasamos las cadenas y programas de radio que conocemos y descubrimos algunas nuevas como "Radio Verbena" o "Radio Galega Música".

 Además conocimos la historia de la radio y cómo ha evolucionado desde sus inicios con el Código Morse hasta la era actual de la digitalización.

 Para poner a prueba nuestra atención, escuchamos algunos podcast (palabra que también aprendimos nueva), sobre distintos programas radiofónicos de actualidad.

 Para vuestro disfrute os compartimos el enlace a estos programas y un fragmento de la historia de la radio.



Las mañanas de Radio Nacional

El palabrero

Turbo3

Esto merece una explicación











 Después de que Samuel Morse y Alexander Graham Bell desarrollaron el telégrafo y el teléfono, los científicos e inventores del siglo XIX se encontraron con un nuevo reto: conseguir transmitir el sonido sin emplear el cable.

 El primero en dar un paso fue el escocés Maxwell, que presentó la Teoría Electromagnética en 1867, en la que, mediante cálculos matemáticos, predijo la posibilidad de crear ondas electromagnéticas y propagarlas por el espacio.

 20 años después, el físico alemán Hertz probó esta teoría. Fabricó un oscilador con el que podía crear ondas electromagnéticas y demostró que éstas tenían las mismas características que la luz.

 A partir de entonces, muchos científicos intentaron mejorar esa transmisión.

 Finalmente, el italiano Marconi comenzó a realizar pruebas uniendo todos estos aparatos y consiguió realizar la primera transmisión en 1894: envió señales sonoras a 250 metros de distancia. Dos años después, patentó su invento, poniendo fecha al nacimiento de la radio.


viernes, 3 de enero de 2025

Poñendo o broche final ao Nadal

 Hola a todxs! 

En Piñor, pouco a pouco, esta época de grandes comilonas e moito "lucerío" vai chegando ao seu fin... pero iso non implica que non sigamos celebrando ata o último día. 




Como sabedes, unha das cousas que caracteriza o Nadal son os dulces típicos desta época (e non tan típicos) e tamén moito lucerío, así que, como en Piñor nos gusta cumprir coas tradicións... aquí seguimos! Celebrando! 




Deixámosvos un "pequenísimo" resumo dos que foron parte dos nosos postres estos días, pero.. o que se ve nas fotos non é nada! E senón que llo digan aos nosos estómagos! 


E, coa boca azucarada, dicimos adeus ao Nadal e deica o ano que ven! 


Ah... que aínda queda Reis...

FELICES REIS!





viernes, 20 de diciembre de 2024

Decoración de Nadal'24



Hola a todxs!

Hoxe traémosvos unha entrada moi festiva e colorida, o resultado de dous largos meses de traballo para ensinarvos as decoracións que preparamos para este Nadal. 

Aínda que seguimos traballando nos últimos detalliños a pulir, en xeral, cada esquina conta con algún detalliño de navideño. 
















Este ano, apostamos por adornar as portas do hospital como paquetes de regalo, todas elas variopintas e diferentes. Aquí vos deixamos algunhas delas. 

E como é de esperar, un ano máis non poden faltar as tradicionais árbores de nadal e o Belén na entrada. 


Asique, unha vez decorado, xa vos podemos desexaros a todos, "Feliz Nadal!"











 

viernes, 29 de noviembre de 2024

Quentando motores para o Nadal...

 Bos días a todxs! 

Hoxe, traémosvos por aquí os nosos primeiros avances na elaboración da decoración de Nadal. 

Pensaredes que aínda falta, pero a verdade é que unha vez que comezas...todo parece pouco! E, a verdade é que o noso hospital non é nada pequeno... 

A nosa intención é comezar a colocar decoración a vindeira semana é, unha vez esteamos coas mans na masa.... xa vamos vendo como continúa a produción navideña. 

A verdade é que cando comezamos tiñamos poucas mans voluntarias dispostas a colaborar coa decoración pero pouco a pouco, a xente vaise animando e, dado que os estilos son tan distintos... queda unha decoración do máis bonita e colorida. 

Aquí vos deixamos unhas fotos do que temos entre mans, pero... para ver toda a decoración aínda hai que esperar unhas semaniñas! 

A ver con qué nos sorprende o "espíritu navideño" deste ano!







viernes, 8 de noviembre de 2024

Magosto adiantado, non vaia ser que se nos pase o tempo.

 


  Novembro leva un dos días grandes para a cidade de Ourense polo que cada ano nós non podemos deixar pasar a oportunidade de celebrar o noso Magosto, o cal acostuma ser un dos que dá o pistoletazo de saída na contorna.


 Tras duns días de intensos preparativos, a tarde deste pasado xoves encheuse de lume, chourios e castañas.


 Acompañounos moito o clima, asique a participación foi masiva e moita xente se animou incluso a botarlle unhas pezas.



 Coma sempre que hai algunha paparota as opinións de todo tipo apareceron, mais neste caso semella que houbo certa unanimidade en considerar que os chourizos e o chocolate quentiño da sobremesa estaban boísimos. 



 Quedamos con moitas ganas de máis e escoitouse varias veces que había que "facer unha merendola polo menos unha vez ao mes".