Mostrando entradas con la etiqueta navidad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta navidad. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de enero de 2025

Poñendo o broche final ao Nadal

 Hola a todxs! 

En Piñor, pouco a pouco, esta época de grandes comilonas e moito "lucerío" vai chegando ao seu fin... pero iso non implica que non sigamos celebrando ata o último día. 




Como sabedes, unha das cousas que caracteriza o Nadal son os dulces típicos desta época (e non tan típicos) e tamén moito lucerío, así que, como en Piñor nos gusta cumprir coas tradicións... aquí seguimos! Celebrando! 




Deixámosvos un "pequenísimo" resumo dos que foron parte dos nosos postres estos días, pero.. o que se ve nas fotos non é nada! E senón que llo digan aos nosos estómagos! 


E, coa boca azucarada, dicimos adeus ao Nadal e deica o ano que ven! 


Ah... que aínda queda Reis...

FELICES REIS!





viernes, 27 de diciembre de 2024

Papá Noel visita Piñor

 



Este Nadal, por petición popular Papá Noel e dous dos seus axudantes, achegáronse a Piñor para deleitarnos coa súa presenza e desexarlles felices festas a todos os nosos pacientes.  

Esta visita estivo marcada pola maxia propia destas datas, sendo aínda máis especial cun agasallo que Papá Noel trouxo explícitamente para eles. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra para que vexades dos mellores momentos que nos deixou este encontro. 









HO HO HO! BO NADAL!




viernes, 20 de diciembre de 2024

Decoración de Nadal'24



Hola a todxs!

Hoxe traémosvos unha entrada moi festiva e colorida, o resultado de dous largos meses de traballo para ensinarvos as decoracións que preparamos para este Nadal. 

Aínda que seguimos traballando nos últimos detalliños a pulir, en xeral, cada esquina conta con algún detalliño de navideño. 
















Este ano, apostamos por adornar as portas do hospital como paquetes de regalo, todas elas variopintas e diferentes. Aquí vos deixamos algunhas delas. 

E como é de esperar, un ano máis non poden faltar as tradicionais árbores de nadal e o Belén na entrada. 


Asique, unha vez decorado, xa vos podemos desexaros a todos, "Feliz Nadal!"











 

viernes, 29 de noviembre de 2024

Quentando motores para o Nadal...

 Bos días a todxs! 

Hoxe, traémosvos por aquí os nosos primeiros avances na elaboración da decoración de Nadal. 

Pensaredes que aínda falta, pero a verdade é que unha vez que comezas...todo parece pouco! E, a verdade é que o noso hospital non é nada pequeno... 

A nosa intención é comezar a colocar decoración a vindeira semana é, unha vez esteamos coas mans na masa.... xa vamos vendo como continúa a produción navideña. 

A verdade é que cando comezamos tiñamos poucas mans voluntarias dispostas a colaborar coa decoración pero pouco a pouco, a xente vaise animando e, dado que os estilos son tan distintos... queda unha decoración do máis bonita e colorida. 

Aquí vos deixamos unhas fotos do que temos entre mans, pero... para ver toda a decoración aínda hai que esperar unhas semaniñas! 

A ver con qué nos sorprende o "espíritu navideño" deste ano!