viernes, 31 de julio de 2020

Ganas de mover a cadeira.


   Estamos algo desentrenados este ano porque non puidemos ter as clases de baile como en temporadas anteriores, pero non queremos deixar de practicar para que non se nos oxiden os ósos e os coñecementos que fomos conseguindo coa profesora de baile.


   Mentras a botamos moito de menos e ata que esta situación do coronavirus se normalice, nós seguimos todos os luns dándolle algo aos pés e as cadeiras para non esquecer os pasos que xa tiñamos aprendidos e para deixar que o ritmo siga camiñando.


   Vai calor pero facémonos valentes e tamén lle metemos algunha coreografía de zumba que son moi rápidas e axúdannos a motivarnos ao deixarnos claro que aínda nos queda moito por aprender.





   Está claro que o caso é non desesperar e poñerlle ganas e tempo.



As aprendizas de baile.

2 comentarios:

  1. Venga, a seguir bailando que el cuerpo siempre agradece movimiento y si es al son de la música, mejor que mejor.

    ResponderEliminar
  2. Claro que si, el ritmo no debe bajar nunca.

    ResponderEliminar