viernes, 16 de julio de 2021

Versionanado coa pandereta.

 

    Fai tempo que non vos contamos sobre as sesións de práctica coa pandereta porque levan sido unhas semanas atarefadas xa que estamos tratando de versionar algunha canción pupular galega cun barniz de "maio" e sátira desde a nosa perspectiva de Piñor.

 


    O último proxecto é unha actualización da "Saia da Carolina" na que estamos traballando e que vai por bo camiño pero esíxenos moita técnica de canto.

  Tamén queremos meter algo de pandereta nos retrousos e entre eso, e que casi non hai tempo para respirar, estamos indo despaciño. A pesar diso, poñémosvos a seguir un anaquiño das prácticas para vaiades abrindo boca.

 


   Por suposto que todo isto é gracias ao esforzo e dedicación do noso profesor Suso que soporta as nosas limitacións e non se cansa de que traballemos unha e outra vez sobre os mesmos temas.


 As da pandereta.


1 comentario: