viernes, 29 de abril de 2022

DESAFOGANDO EN POEMAS


O MEU OLLAR


Ollar choreiro

Ollar vagoado

Ollar lastimeiro

Quén a mira 

Quén a olla

Non soporta a dor

Dor reflectida no ollar

Ollar choreiro

Ollar vagoado

Ollar lastimeiro

Dun feitizo de lúa

Lúa que ella olla

Olla como confeseira

Confeseira duns males

Males que ela non

Non pode máis que

Máis que en mans 

Da lúa que é...

Tamén FEITICEIRA




ENREIXADO


Vivindo entre reixas

Reixas, que non só barrotes

Reixas que van máis alá

Pode velo sol mais non

Non causa paz na alma

Non quenta a súa frialdade

Frialdade que a obriga a sobrevivir

Sobrevive dentro daquilo

Daquilo que tampouco é só lugar

É logo dentro do peito

Peito que afoga con cada respirar

Respirar que leva non trae vida

Vida que a mancou tanto

Tanto ou máis que os barrotes

Barrotes que apresan a súa

A súa alma, a súa persoa

Persoa que é potente

Potente, con carácter, fortaleza

Fortaleza para non deixarse caer

Caer entre reixas VIVINDO



O MEU ANXO


Porque choras tanto

Porque tanta dor

Porque tes tanto sufrir

Por un anxiño terreal

Ese anxiño que tes

Tes no corazón

Froito das túas entrañas

Alonxante de el 

Máis ti ámalo demáis

Por iso choras tanto

Por iso a forte dor

Por iso sofres máis

Máis do que se soporta

Faste forte por el

El que te ama

Ti a o que amas 

A vida alonxará a dor

Traerá de volta

De volta ese ANXIÑO TERREAL



CADALEITO


Ti cabachela a miña tumba

Ti sentenciache meu leito

Ti apretáchela a soga

Ti construiche meu cadaleito

Ti presidirala comitiva

Comitiva do meu sepelio

Porque morte en vida

Cando ti non verás

Mais tes o desexo mesmo

Mais triste que nin despedida

Mias lágrimas miñas mom túas

Explicación darás

Verdades que calarás

Só eu sei cal é o fin

O fin dos teus desexos

E cos teus feitos

Ti irás diante DO MEU CADALEITO

    

                                                                                                                                ebf



3 comentarios:

  1. Que bonitos, ogallá eu fose capaz de facer unha obra de arte tan xenial. Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Encántame a poesía, máis aínda cando é tan intimista como estas obras. Preciosas.

    ResponderEliminar
  3. Preciosos poemas, noraboa ao autor ou autora!

    ResponderEliminar