viernes, 24 de febrero de 2023

Entroido 2023

 


 Acabamos de pasar esa época do ano que tanta importancia ten para Galicia e para a provincia de Ourense en concreto. Como era de esperar, en Piñor non puidemos manternos alleos e ¡tamén celebramos!


 Xa desde unhas cantas semanas antes empezamos a preparar o noso tradicional cartel de ambientación e case sen darnos conta xa estabamos escollendo disfraz. 



 Este ano, como novidade, engadimos complementos entroideiros a algunhas actividades rutinarias das que se fan no comedor como o café de tódalas medias-mañás e mantivemos as boas costumes de disfrazarnos para o baile ou sempre que a alguén se lle antollou.


 As celebracións grandes do centro volveron vir da man da merenda especial con doces típicos e do gran baile de máscaras.


 Como cada ano traballamos moito os días previos cociñando filloas e torradas en equipos para que todo o mundo tivese un anaquiño de doce.

 Logo, o baile ocupounos toda a tarde entre peticións musicais, congas, bailes e moita festa. Moito cambiaron algunhas persoas de disfraz e de parella de baile, pero deso se trata nestas festas, de pasar un bo momento con compañeiras e compañeiros mudando a imaxe e a "forma de ser" durante un anaco.


 O Entroido 2023 xa vai aló, pero sen darnos conta xa estaremos preparando e desfrutando o seguinte!


2 comentarios:

  1. Qué chulo! y que boa pinta os dulces!

    ResponderEliminar
  2. Todo parece genial y se ve por ahí mucha "mano de obra" para los preparativos y para la fiesta.

    ResponderEliminar