viernes, 10 de noviembre de 2023

Magosto'23


 É temporada de Magosto, é temporada de grande troula na cidade de Ourense.



 Como sempre en Piñor non puidemos quedar sen celebralo e esta semana tocou magosto por todo o alto.

 Despois dos correspondentes preparativos e intendencias múltiples, chegou a tardiña da farra.
 

 

 A pesar de que estamos indo de borrasca en borrasca e que parece que o verán do San Martiño non vai vir este ano, o tempo a nós respectounos bastante e tivemos unha tardiña moi boa ... con algunha chispeada de chuvia e algo de frío ao comezar a meterse o sol, pero sen queixas. 
 

 De feito, ata puidemos botar uns bailes ao aire libre!  
 
 Pasamos media tarde a comer entre as castañas e os chourizos ...



 Pero tamén tivemos tempo para cantar e acompañar ao noso particular grupo folclórico tradicional. Moito lle temos que agradecer a Suso e Marieta que viñeron a amenizarnos a festa por pura filantropía.
 
 

 O final de festa chegou con chocolatiño quente e bica para empurrarlle e espantar o frío que xa ía chegando coa caída do sol.
 

 Sobraron unha chea de castañas e bastantes chourizos, polo que aínda estaremos uns días recordando a celebración e facendo ganas para as seguintes festas que veñen coa operación polvorón!!



3 comentarios:

  1. Pinta todo a festa rachada, como debe ser no magosto sen demasiadas comodidades, con música tradicional e lume.
    Así dá gusto!

    ResponderEliminar