Algunha xente dirá que imos un pouco tarde e outras personas que xa nos estamos adiantando, pero o caso é que os semilleiros de tomates que preparamos a finais do mes de Febreiro xa nos produciron unhas plantiñas de tomate ben xeitosas e estes días tocou transplantalas ao invernadoiro.
Están aínda moi menudiñas polo que a operación foi de alto risco e espéralles unha semaniña de "minos" para que collan boas raíces.
Seguiremos informando, que sempre gusta moito compartir os froitos do traballo.
Ya queda menos para los pinchos tan ricos del verano!
ResponderEliminar