domingo, 21 de mayo de 2017



"Unha rosa ao vento"  Fascículo dous




CAPÍTULO II

     Dentro do portal dirixiuse directamente cara aos buzóns para depositar a carteira. Non tiña intención de coñecer ao dono, non quería máis miradas de desprezo e desconfianza; sen embrago, algo a impulsou a subir os tres pisos para entregar a carteira en man. Recordou que agora quería ser unha persoa valente e forte, era o que necesitaba para manexar e curar a súa dor.

    Timbrou e oíu ao lonxe unha voz maior que se lle acercaba con pasos lentos e torpes. Abriulle un señor maior de idade indeterminada, ela fixouse no seu cabelo e barba brancos, fermosos e moi coidados. Pero o que máis lle impresionou foi a mirada daquel home, era unha mirada limpa que reflexaba respeto, bondade e sinceridade.
    Antes de que lle dera tempo de explicarlle o motivo da súa visita, o ancián pediulle, por favor, que pasara a súa humilde morada. Ela non dubidou nin un instante en aceptar a invitación daquel home. O señor, coa mesa xa lista, dispúñase a cear. Marchou un momento e volveu con outro prato para a súa convidada. Durante a cea, a penas cruzaron unhas breves palabras. Decatouse do interese que despertou nela os numerosos deconchados que tiñan as paredes. El, explicoulle que eran espazos para plasmar os seus recordos máis importantes. Era moi maior e non lle tiña medo á morte, pero por nada quería renunciar aos recordos de toda unha vida, de profundo amor pola súa compañeira, amiga e confidente.
    Logo de cear, el invitouna a pasar á salita para tomar un café e charlar tranquilamente. O home decatouse e pediulle desculpas por non terse presentado: “ Chámome Valentín” . Ela dubidou : “Eu...,eu non teño nome, , queimei o meu pasado e agora mesmo o máis importante para min é recuperar a miña forza e valencia". Esa valentía da que todos dubidaban ,vendo nela só dor e medo.
    El seguiu contandolle que non tiña problemas economicos e que os seus fillos non deisaban de insistirlle en que cambiara todos eses mobles bellos e raidos, incluso mudar o seu lugubre piso por outro luminoso e alegre. Non entendian que el queria acabar a sua vida na casa de sempre, cos mobles de sempre. Esa era su maior riqueza, toda unha vida de fermosos recordos e dun amor incondicional pola sua difunta muller.
     De repente, apareceu un gatiño, tamen de idade indeterminada pero moi fermoso. Era un máis da familia, contoulle Valentín, era bastante arisco coas persoas descoñecidas, pero sempre buscaba o cariño del. El sorriu e alegrouse cando viu que o gatiño acercouse directamente á muller sen nome, subiulle ao colo, só quería regalarlle o seu cariño a cambio dunhas simples caricias.
    O seu encontro co señor Valentín foi tan especial que non volvera a pensar no obxecto da súa visita. Meteu a mau no bolsillo e extendeu o brazo devolvéndolle a súa carteira. El quedou abraiado e, cunha mirada de respeto e agradecemento colleu a carteira. Sen mediar palabra, saiu da salita, ía pensando con gran respeto que esa muller sen nome, aínda estando necesitada, non dubidara en facer o correcto. Tiña que ser unha gran persona, sen lugar a dúbida.
    Ao pouco tempo apareceu de novo na salita; nunha man a carteira e na outra un sobre. Entregoulle os dous, decíndolle que a auténtica dona era ela. Abriu o sobre con curiosidade e atopouse cun feixe de billetes, demasiados para contalos nese momento sen parecerlle una falta de respeto.
    Ambos se despediron, de novo con poucas palabras, non era necesarias, as súas miradas decíano todo.

     Ela marchou encantada e moi agradecida polo seu encontro con aquel home: xa non formaba parte “dos nadies”. No seu interior levaba un destino aberto, pode cheo de posibilidades, quen sabe?


No hay comentarios:

Publicar un comentario