CAPÍTULO
IV
     Pola
 maña asomouse á ventana da pensión e viu á extraña
señora  que lle regalara a carteira. Pode que a sombra que intuira a
noite anterior fora a mesma muller. Son demasiadas coincidencias e
comenzaba a facerse preguntas:  “Por que  lle regalaran a ela esa
carteira? Por que a  seguía?  Por que estaba a tarxeta da pensión
na carteira? Estaría Valentín entre esas coincidencias? Por que ese
home tan amable a entendera tan ben se non a coñecía?“
     Un
par de días despois,  mentres camiñaba pola rúa, viu a Valentín
no interior  dunha cafeteira conversando coa  extraña muller.
Valentín  viuna  de  reollo e tentou  disimular  pasando 
desapercibido. Non  quería levantar sospeitas. Ainda non era o
momento. Ela ca mente  chea  de  dúbidas e  vendo a reacción  de 
Valentín optou en tirar cara adiante.  Algo  pasa, pero que será?
CAPITULO
V
     Pasan
os días e a nosa amiga observa a mesma escena na cafetería a
diario. Valentín falando coa muller e esquivando a atención.
Pregúntase “Por que desapareceu a amabilidade e Valentín se
comporta dunha forma tan arisca? Que relación teñen Valentín e a
Misteriosa Muller?”
      As
dúbidas impídenlle descansar e decide actuar.
     Tras
observar tódolos días a mesma escena coñece a rutina e o horario
de Valentín. Cada mañá toma o café ás 10 no mesmo sitio ... coa
mesma muller ... o mesmo misterio ...
     Unha
noite prepara o seu plan, aproveitará ese momento para entrar no
piso de Valentín e investigar os recordos que non lle contou.
“Seguro que podo atopar unha explicación a todo o que está
pasando” Será posible que toda aquela amabilidade fose só
fachada? Debe protexerse de algo? Será mellor volver fuxir?
     Xa
pola maña, camiño  da  casa  de  Valentín,  ten  no  seu maxín  
exactamente o  recorrido  que  pretendía  trazar  aínda  que  nese 
momento  o  corazón era  o  que  a  guiaba,  non  había  sitio 
para  a  razón.  
     Volveu
 subir  aqueles tres  pisos  ata a  porta  de  Valentín, aquel vello
tan amable que nunca pechaba a porta, non tiña segredos? Ou acaso
quería que fosen descubertos?.
     Asustouse,
non recordaba o gatiño arisco que a recibiu  cos pelos de punta.
Aínda  que só  foi por un intre, enseguida  a  recoñeceu e  frotou
o seu corpo contra a  perna  dela na procura de cariño; parecía que
a recoñecera, só dun dia?, como era posible?…
      Percorreu
o longo corredor do piso, entrou na sala onde tomara café e charlara
 co señor Valentín, con certa ansiedade, decidiu ir máis aló; o
tempo botábaselle enriba e pronto regresaría o dono, pero decidiu
entrar nunha estancia que Valentín non lle amosara.



No hay comentarios:
Publicar un comentario