domingo, 16 de julio de 2017

                             Unha rosa ao vento. Fasciculo 5.







CAPITULO VI

     Na habitación atopa fotos, papeis, documentos. Púxose a ver as fotos, case todas do sr Valentín con diferencias e case sempre acompañado dun neno, que tamén ía cambiando co transcurso do tempo. Entre as fotos, unha gran sorpresa… , unha das fotos, na que aparece o mesmo neno, xa mozo, aparece unha dedicatoria do “neno” ó señor Valentín: “adicada o meu querido avó”. Non tiña a menor dúbida, o mozo que aparecía na foto era o seu querido compañeiro. Por un momento quedou paralizada ante a relación que acababa de descubrir.

    Seguín buscando entre os papeis e documentos, e entre eles atopa varios con símbolo da banda terrorista ETA; un suor frío recórrelle a espalda. Cando recobra o alento, abre un caixón e dentro del ve unha pistola, nun acto reflexo colle a pistola entre as mans. Pero as súas mans temblorosas perden a forza e a pistola cae de novo dentro do caixón. Ela moi asustada, sae correndo da estancia e do piso . Desorientada corre escaleiras abaixo, só quere fuxir de alí a escapar cara a pensión.

     Un rato despois, Valentín e a muller misteriosa volven ao piso. A muller misteriosa entra na estancia e decatase, nada mais entrar, que o caixón no que escondían a pistola estaba aberto e a pistola descolocada. Mira despavorida ao seu redor e nota que alguén estivera removendo os documentos e algunhas fotos ... desconcertada, sae correndo da estancia na procura do Sr. Valentín, berra o eu nome e el decatase de que algo serio pasou. Unha vez xuntos, non tardan en decatarse de que fora a muller sen nome, “a neta do Sr. Valentín”, quen estivera rexistrando a habitación, a foto coa dedicatoria estaba por enriba de todas as demais. Canta información atoparía? Que conclusións sacaría da súa relación ca banda terrorista? Seria un perigo para eles?... algo tiñan que facer.

     Xa na pensión ela, extrañada, aterrada e confundida, non deixaba de dar voltas. Xa entende ese cambio na actitude de Valentín, a relación dese home o seu compañeiro. A súa relación con ETA non deixa de rondarlle na cabeza: tería o seu compañeiro tamén relación coa banda? Que querían dela? Por que ten tentaban axudarlle e a seguían?... de repente, a imaxe da pistola volveulle a cabeza deixándoa petrificada ... aterrada sae correndo da pensión en dirección á estación de tren. Quere fuxir da cidade antes de que a atopen, pode que a súa vida corra perigo!














No hay comentarios:

Publicar un comentario