Xoves de Comadres en Piñor
   Este xoves 8 de Febreiro celebramos en Piñor a Festa de Comadres, onde desfrutamos con música, baile, larpeiradas e moito humor.
   Os preparativos xa comezaron horas antes do inicio da festa, tanto cos disfraces coma coa preparación dos típicos doces do Entroido: filloas, orellas de carnaval ou "torrijas".
   Ás cinco da tarde xa comezaba a soar a música no xinasio e tiñamos a disposición disfraces para quen quixese unirse a esta máis que típica festa galega. Tamén se prepararon os aperitivos e bebidas para acompañar ó baile e máis tarde chegaron os tan ansiados doces que os nosos compañeiros e compañeiras fixeron con tanto esfrozo e agarimo. 
   Non faltaron tampouco fotos deste día especial, durante a festa e no estupendo "fotocall particular", que tamén se preparou en días anteriores, ademais de antefaces e marcos decorados para animar os posados.
   En definitiva, foi unha velada excelente onde todos e todas desfrutamos dunha festa organizada con moito agarimo como se desmostrou no éxito da mesma, sempre esperando que cada ano sexa igual ou mellor ca o anterior. 
FELIZ ENTROIDO A TOD@S !!
Elena.












 
 
Carnavales muy guapos
ResponderEliminar