jueves, 27 de septiembre de 2018

Empanadas "Estilo Fran"



   O segredo está no amasado.



   Esta semana volvemos cociñar menú de empanada galega. Desta volta tocou unha de atún que acompañamos de pementos de Herbón e un chisco de pan feito no forno da casa. De postre preparamos un flan de nectarinas e ovos moi sinxelo e saboroso.




   Cada vez que Fran pode preparar a masa da empanada quédanos máis claro que o toque distintivo é o amasado porque os ingredientes son ben básicos: unha boa fariña de panadeiro, fermento, auga e un chisco de sal. Parece que o segredo é amasar na xusta medida e cunha técnica ben depurada.



   Mentres a masa fermentaba Asun e Martín prepararon o recheo fritindo cebola, pementos e atún ata que se mesturaron tódolos sabores. Logo estiramos a masa e ao forno uns 35-40 minutos a temperatura media para que a empanada quede ben dourada.



   O outro cociñeiro foi o encargado de fritir os pementos e ¡a comer! que é a mellor recompensa despois de pasar un bo anaco cociñando.

   Non podemos rematar sen poñer unha foto da sobremesa porque aínda que é un postre de "froita que temos sobra pola casa" queda exquisito.



   Faise con 3 ovos, 3 nectarinas peladas, 200 ml de tona, 200 ml de leite, todo triturado e cociñado 15-20 minutos no microondas a máxima potencia. Para unha apurada é perfecto.




3 comentarios:

  1. ¡Si es que Fran tiene un gran potencial!

    ResponderEliminar
  2. Me parece todo bien, eso es cocinar bien y al verlo entra el apetito.
    Giovanna

    ResponderEliminar
  3. Gustoume todo, ten boa pinta.

    ResponderEliminar