viernes, 24 de enero de 2020

A botella abrigada.


    Nesta entrada imos parar un pouquiño máis na decoración dunha botella con lá.




    O proceso é bastante sinxelo: unha botella, un ovillo de lá e ganas de pasar o rato enroscando o fío no cristal con un pouco de cola, para fixar ambos materiais.




    Os materiais a utilizar son: unha botella de cristal valeira, lá e cola de carpinteiro.

    Escomenzamos polo fondo da botella untando co pincel o cristal. Unha liña non demasiado ancha, máis ou menos coma o fío. Con coidado, imos poñendo a lá enriba da cola, tendo conta de ir o máis rectos posibles (mellor non bebades alcohol antes, senón vai ser a carretera vella de Ribadavia). Continuando, a segunda volta, a terceira, a cuarta.....cando cheguemos enriba, moito coidado co colo da botella, hai que achegar moi ben o fío para que non se note o final.







    Deixámola secar un rato e...: ¡TRABALLO REMATADO!!




Sonia.
(Agradecementos especiais para 
Eva e Nuria pola colaboración activa 
no proceso de creación 
desta primeira "Botella abrigada").


1 comentario:

  1. Que chulas quedaron , que pasada , molan un montón ahora solo tenéis que colocarle una rama o podéis hacer alguna flor de papel pinocho o de cartulina que las hay muy chulas ...buscar algún tutorial.
    Un bico Sonia y a seguir así trabajando en cosas nuevas.
    Sonia dale muchos saludos a todos de mi parte.

    ResponderEliminar