viernes, 20 de marzo de 2020

TRABALLANDO COAS MANS

    
Hola a tódolos/as amigos/as do Candil sen luz. Esta vez imos vos contar algunhas actividades manuais nosas.

Cada un e cada unha escolleu unha opción para traballar, todas diferentes: unha cesta, feita de papel de periódico, botellas forradas con lá, cada unha cun diseño persoal. 


Cores variadas, materiais variados para facer un conxunto multicolor de obxectos artesanais.


O primeiro que imos describir é a cesta feita de periódico: fanse rulos coas follas para unilos entre eles. Así, facemos o corpo e rematámolo coa asa.









A continuación seguimos coas botellas forradas de lá: collemos a botella e ímole poñendo finamente unha pincelada de cola todo arredor; continuamos collendo a lá e pegámola con moito coidado para que que quede ben dereitiña. Continuamos facendo filas de pegamento e liando a lá até chegar arriba de todo da botella.

Cando teñamos todo o corpo da botella coberto, eleximos un diseño para adornala, neste caso foron redondeis e fíos facendo ondas.








Coas cabazas o proceso é diferente: primeiro faise o debuxo que queremos plasmar a lápis. Logo comezamos a colorear con pintura acrílica ou con témperas. Como remate final, cando seque, barnízase.






Tamén aprendemos a facer pulseiras de fíos, facendo fila tras fila con nos. Chegado ó tamaño adecuado, temos dúas opcións: rematar cos fíos soltos ou facer unha trenza, que se atará logo na nosa muñeca.




Como vedes, as tareas que facemos son máis que variadas, cada cual máis orixinal. Cada unha lleva máis trabajo que outra, pero aínda así, facémolas todas con moita ilusión... e con algunha que outra frustración de vez en cando polo que dixemos antes: a complexidade de cada unha. 







Pois chegamos ó final deste blog de hoxe. Esperamos que vos gostasen os nosos traballos, nos que continuaremos con novas ideas e novas sorpresas artísticas.


                                                                                                                                                     Fdo.: Os artistas de Piñor














2 comentarios:

  1. Que maravilla, los trabajos lucen muy bonitos.
    Felicidades.

    ResponderEliminar
  2. Que chulada !!!
    Menud@s artistas!!!
    Alegrome,ver que non parades de traballar e innovar, as cabazas a miña debilidade.
    Un saudo.

    ResponderEliminar