domingo, 3 de mayo de 2020

Aí ven o Maio.

 
Tradición, Coplas e Obras de Arte.


"O MAIO

Aí ven o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

(...)
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
para min non hai maio
pra min sempre é inverno!

(...)
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos."

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra.



   "Os MAIOS" son unha festa popular de orixe ancestral na que se despide o inverno e se celebra a primavera completamente florida e colorida.

   Na cidade de Ourense é particularmente tradicional celebrar durante do 3 de Maio a Festa dos Maios con esculturas floráis e coplas de espíritu satírico.


"Tres cousas hai en Ourense, que non as hai en España, O Santo Cristo, a Ponte e as Burgas fervendo auga".
Maio Homenaxe, sobre 1960, Alameda - Ourense.

Primeira copla das Maios consevada.
1917, Santa Cruz de Arrabaldo - Ourense.

 Homenaxe á fonte da Praza do Ferro. Maio Artístico.
Sobre 1950. Rúa do Progreso - Ourense.

Maios tradicionáis.
Sobre 1960. Alameda - Ourense.

Día dos Maios. Maios Tradicionáis.
1983. Alameda - Ourense.

   Este 2020, aínda que non se poida saír á rúa a celebrar, os Maios non van deixar de aparecer por tódolos medios posibles para manter esta tradición tan ourensá e divertida.

   Rematamos cunhas cantas representacións de "Maios Confinados" durante este 3 de Maio, para non deixar esmorecer esta fermosa tradición.






  
  
  
  




¡Qué viva O Maio!



Sonia, Paula e Martin.




3 comentarios:

  1. Gracias por hacernos disfrutar y recordar esta fiesta a pesar del "confinamiento". !Qué viva O Maio!

    ResponderEliminar
  2. Estamos en corentena
    non podemos ir cantar
    neste maio tan florido
    que esta a empezar.


    Veu este coronavirus
    que non nos deixa sair
    esto e unha faena
    pero non nos podemos rendir.


    Xa se me agotaron as ideas...
    Feliz mes de maio,mes das nais mes das flores e mes do día das letras galegas.

    ResponderEliminar
  3. Me parecen muy bonitas las fotos y atractivas.

    ResponderEliminar