viernes, 8 de octubre de 2021

Enmarañad@s.

 

   Seguro que moitos tedes escoitado falar dun xogo que se chama a "tela de araña" pero non creo que todos o xogásedes con tanta intensidade como o fixemos nós uns días atrás.



   Tivemos que ir plantexando e contestando preguntas entre tódolos participantes nunha chea de quendas e debiamos tentar acordarnos da maior cantidade de información posible. Mentras iamos facendo isto tiñamos que deixar agarrado un extremo dun fío e lanzar o resto da bola a outro compañeiro ou compañeira para que seguise coa actividade. Un lío moi entretido, vamos!!!


   A maraña que nos saíu era preciosa, case digna dun museo porque lle adicamos moito interese e fomos repartindo o fío en tódalas direccións e con moitos cambios.



   A parte final da actividade era de investigación, tratando de reforzar as nosas habilidades como "detectives" cunha investigación, na que tiñamos que recordar quen deran cada resposta. Tarefa ben difícil porque eran moitas cousas a recordar e moitos participantes a opinar.


    Como diciamos, foi unha sesión atarefada e ben entretida.



2 comentarios:

  1. Ás veces este tipo de xogo sae moi entretido e divertido. Desde logo parece que fixestes moitas rondas porque a tela de araña que vos saiu é ben grande e complexa!

    ResponderEliminar
  2. Que divertido pinta eso.

    ResponderEliminar