viernes, 30 de junio de 2023

Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Edición 2023.


 Fai uns días que cumplimos con outra das "tradicións" do noso verán e visitamos a nova edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Este ano os xardíns están dedicados ás viaxes polo mundo e os diferentes continentes están moi presentes de xeitos orixinais e creativos.

 


 Cando fixemos a visita tocounos un día solleiro e non tivemos demasiado bochorno nin incidentes con excesos de exposición ao sol.

 



 Gustáronnos moitas das pezas, mais, como temos comentado outras veces, ao ser tantos xardíns con enfoques e detalles tan diversos, a visita faise cansada e custa chegar con espírito neural ao final do recorrido.

 



 Entre quenes fixemos a visita houbo diversidade de gustos e nas votacións finais quedaron moi repartidas as nosas papeletas, cousa que indica o bo nivel dos traballos desta edición.

 

 

 Xa estamos desexando saber cal será o xardín que finalmente gañe este ano e quede indultado para o festival do 2024.





2 comentarios:

  1. A verdade é que sempre hai tantos detalles que analizar nos diferentes xardíns que fai falla gastar unha chea de tempo para facer a visita con calma.

    ResponderEliminar
  2. Genial, seguro que se pasa un rato estupendo haciendo la visita.

    ResponderEliminar