viernes, 18 de agosto de 2023

Calabazas 2023

 


 Como ben sabedes as visitantes habituais deste blog, un dos nosos produtos máis polivalente son as cabazas. Este ano non ía ser doutra maneira e temos unha chea de plantas en distintos momentos de producción.





 As únicas que parece que se nos veñen resistindo desde fai unhas temporadas son as cabazas de tipo "peregrino" que van botan algún froito pero non conseguimos que nos maduren. 

 




Non perdemos a esperanza e, en calquera caso, tampouco podemos queixarnos moito porque sexan da raza que sexan, cabazas imos ter! 



 Tamén podedes ver, que as cabaceiras non se libran da súa correspondente plaga e nestas semanas están bastante invadidas polo oídio, se ben esperamos que resistan un chisco máis.

 

 

1 comentario: