viernes, 4 de agosto de 2023

Se vou a Bueu nun bou ...

 


  Un dos días máis calorosos do que vai deste verán coincidiunos cunha visita á praia.

 Desta volta saímos cara a Bueu onde pasamos unhas horiñas de mañá visitando a zona do porto da vila e o Museo Massó, o cal nos sorprendeu por sinxelo pero moi ben ambientado.


 Xa despois collemos camiño á praia cargadiñas con candenseu avituallamento e os nosos bañadores e toallas.

 Instalámonos nunha esquiniña con algo de sombra do areal de Porto Maior e alí pasamos unha tarde xenial. 


 Fixo moita calor, mais entre os paseos, algún refresco e moitas chapotadas pasounos o tempo voando. A auga estaba templadiña e, aínda que a marea ía subindo non tivemos que pelexar contra grandes olas.

 Retomamos camiño para Ourense a media tardiña con "parada técnica" na Cañiza para a merenda e esa noite durmimos estupendamente.

 

 

3 comentarios: