viernes, 25 de octubre de 2024

De menú: lentellas!

 

 Todo o mundo coñece a receita das letellas, mais para nós sempre é unha novidade poder cociñar e desfrutar dun menú "feito na casa" e ao gusto exacto dos comensais.


 Moito partido lle estamos sacando a Thermomix de Adrián e agora que el xa está feito un experto, do que se trata é de seguir practicando para mellorar a técnica e ir facendo as receitas cada vez máis personais.


 Nesta ocasión as lentellas foron acompañadas por un postre de tuneo de iogur con KitKat que non lle desmerecía nada ao riquísimo potaxe que cociñamos.


 A xornada quedou redonda ao rematarmos con unha sobremesa moi relaxada entre Ramón, Marta, Adrián, Manuela e Martín.


2 comentarios: