viernes, 11 de octubre de 2024

Pandeireta. Seguinte nivel.

 

 Mantemos a práctica da pandeireta con moito interés que é o importante. 

 Tódolos martes, rigorosamente, xuntámonos un chisco e adicámoslle tempo aos movementos básicos da pandeireta. Non avanzamos moito porque o grupo cambia decote, pero Suso tennos moita paciencia e repasa dende o principio todo o que faga falta.

 Dun tempo para aquí estamos tentando introducir o riscado e, aínda que parece sinxelo, ten a súa técnica, como a maoría das cousas bonitas da vida supón esforzo. 

 Tocaranos seguir practicando moito porque a pandeireta sona moi ben riscando, pero as nosas mans aínda teñen que mellorar!

 En todo caso, durante cada sesión temos recompensa final ao cantarlle unhas poucas cantigas que sempre nos alegran a media-mañá!


1 comentario:

  1. Qué chulo! A seguir coas cousas bonitas, paga a pena :-)

    ResponderEliminar