Vimos de rematar unha serie máis e de novo cun auditorio moi fiel durante os seus 7 episodios.
Co trasfondo dunha historia inspirada nunha familia de narcotraficates das costas galegas aderezada cunha relación de amor complicada, Clanes véndese moi ben e faise moi entretida.
Os capítulos centrais son trepidantes, con acción, intrigas, asasinatos e un clima de tensión que crece e crece deixándote con ganas de moito máis.
Entre nós o capítulo final gustou, mais pareceunos algo precipitado para o interesante de todo o resto da serie.
Conchi, a nosa crítica experta, recoméndaa porque aborda algunhas portas traseiras dos procedementos legais moi interesantes e para Carlos hai que animarse a vela porque ten moita acción.
En todo caso, a decisión queda para vós!
Trepidante! Como dice Judeline: "Es lo que tiene enamorarse de un G"
ResponderEliminar