viernes, 19 de febrero de 2021

Concurso de máscaras de entroido

 

       Chegou o entroido, e con él a súa celebración con máscaras feitas por nós. 

    

    

Estivemos moi ocupados facendo as máscaras, actividade que nos levou algo de tempo, xa que as queríamos facer o mellor posible, ó mesmo tempo que deberían ser creativas. Tivemos que por a nosa imaxinación a funcionar ó 100 por 100.

        Estivemos unha tarde facendo o noso traballo e poñendo os cinco sentidos a funcionar, para que o resultado fose o mellor posible.

        Ó final tivemos un boísimo resultado, pois houbo máscaras feitas con moita creatividade. A variedade foi a nota dominante deste entroido.

        Colgamos tódalas máscaras nas barras metálicas das escaleiras, de tal forma que daba moita alegría tal decoración.  

        Fixemos un concurso para premiar ás máscaras máis orixinais. De tal modo, púxose un número a cada máscara, para que fose anónimo. Finalmente, a votación foi feita tanto polo personal como polos compañeiros, e concedéronse tres premios ás mellores. 

        Eiquí tendes algunhas fotos das máscaras, para que apreciedes o traballo e pensar: ¿cal é a miña favorita?

        Pois veña, a ver esas fotos e disfrutade con elas como nós fixemos ó facelas.




















                                                Sonia Rodríguez



No hay comentarios:

Publicar un comentario