viernes, 12 de febrero de 2021

ENTROIDO PIÑOR 2021.

 

        A pesar da pandemia da COVID non podemos esquecernos de que toca ENTROIDO. É algo que temos que facer para darlle valor a esta festa tan importante en toda España e particularmente en Ourense. 



        Xa comezamos a semana facendo unha clase de baile con complementos carnavaleiros (capas, tutús, perrucas, ...). Cada un puxo o que máis lle gustaba, dentro do que había para disfrazarnos. Había variedade, non se repetiu nada e foi divertidísimo. 


        Seguimos coa preparación dos doces típicos desta festa: filloas, orellas e torradas. As filloas dan traballiño e mándanlle "recado" aos dedos por teñen que soportar calor ao darlle as voltas, pero merece a pena. Pasamos moito tempo na cociña porque preparar torradas para 70 persoas aínda precisa de dedicación.




        A merenda do que tería que haber sido o Xoves de Comadres foi a da degustación dos doces. Respetando todos os protocolos demos boa conta da comida de entroido. Estaban boísimos e acabouse todo nun momento.



        Rematamos a tarde cunha actividade alternativa que preferimos anter en segredo ata a vindeira semana mais que nos divertiu moito e acadou un resultado moi colorido. 

            

       Sonia Rodríguez. 

        

1 comentario: