sábado, 29 de mayo de 2021

Andaina por A Boutureira

     Por fin disfrutamos dunha andaina polo bosque na zona entre Barbadás e San Cibrao das Viñas. En concreto na zona da Boutureira.


                                



    Comezamos a andaina no pobo de Bentraces, en concreto na rua da Vela. Dende alí introducímonos nun bonito bosque de carballos. Gracias á sua sombra non pasamos calor, a temperatura era ideal para a camiñata.






        Despois de camiñar por esta zona, chegamos á  Boutureira. É unha zona moi bonita, todo moi verde é nun estado fantástico, a pesares de que por alí vai moita xente a camiñar. Está todo moi ben coidado: o merendeiro, onde paramos a comer algo, ó lado do río, que tamén ten un muiño de auga.










        Dende alí fixemos unha ruta circular, na que non deixamos de sorprendernos da paisaxe tan bonita e tan ben coidada. 

    Pasamos polo pobo de Loiro de abaixo  para regresar ó punto de partida.




    Agradecemos a Xesús que nos ensinara ese bonito lugar.





       Deixámosvos cun video para que disfrutedes  de A Boutureira con más agua y cascadas por las lluvias.



    E si queredes máis información da ruta e de outras rutas que saen  dende alí podedes visitar este enlace:

https://sancibrao.es/es/cultura-e-turismo/rutas-de-sendeirismo/de-boutureira-a-castroverde/


    E xa estamos preparados para unha nova andaina.


Sonia y Nuria

1 comentario:

  1. Desde logo que hai lugares preciosos moi cerca de nós e descoñecémolos. Ás veces só camiñar por entre os carballos xa nos recorda que o monte de Galicia é un patrimonio que deberiamos coidar moito máis.

    ResponderEliminar