lunes, 17 de mayo de 2021

Xela Arias. Letras Galegas 2021.

 

   Este ano as Letras Galegas están dedicadas á poeta Xela Arias. 


   Muller polifacética cunha importante obra como editora e tradutora que está considerada unha das principais impulsoras da poesía galega contemporánea.

   Para rendirlle homenaxe estes días fixemos diferentes actividades.


   Preparamos un mural con detalles da vida e a obra de Xela Arias. E fixemos uns "poemas deconstruídos" por diferentes zonas para ensalzar a poesía actual e concretamente algúns dos poemas da homenaxeada.








   Tamén escoitamos unhas cantas cancións que parten de textos de Xela Arias, lecturas das súas obras por parte de familiares e persoeiros da cultura en Galicia e fragmentos de entrevistas que concedera ela mesma para contar a súa concepción da poesía e recitar algún dos seus poemas.






O que tratamos é facer pequenas cousas para celebrar unha data tan importante para a cultura galega.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!



2 comentarios:

  1. Siempre nos ayudáis a conocer un poco más a nuestros autores gallegos. Felicidades y feliz día das Letras Galegas!

    ResponderEliminar
  2. Sempre está ben recordar a literatura galega e as súas autoras.
    A función que cumple a celebración do Día das Letras Galegas é moi importante.
    Eu, por exemplo non coñecía a esta poeta e graza a este 2021, descubrina.

    ResponderEliminar