viernes, 25 de junio de 2021

CELEBRANDO A ENTRADA DO VERAN E SAN XOAN

 

    Como chegou o verán e había que celebralo, fixemos un paseo polo bosque. O percorrido era ata o pobo de Piñor, onde compramos uns ricos xeados coller forza para o camiño.

    



    Aproveitando  que era o día previo a San Xoan, recollemos flores para facer un dos rituais, que consiste en deixalas en auga toda a noite, ó orballo da noite para lavar a cara ó día seguinte.

 


 En teoría, as flores que se empregan son as da foto, aínda que nós collemos as que fomos atopando polo camiño e nos gustaban.






    Entre algunhas das que collemos, están a menta, as malvas, o fiuncho, ...






    Deixámosvos eiquí a maxia das herbas de San Xoan en Galicia.

Fiuncho: executa os espíritus malignos e é particularmente contra o mal de ollo.

Fento macho: é venenoso. Las lendas galegas –e tamén británicas- dicen que pola noite de San Xoan botan flor.

Codeso: é un arbusto sagrado en Galicia. Usábase para facer escobas e barrer a casa de malos espíritus.

Abeloura o herba de san Xoán: El refranero dice que la “abeloura o herba de san Xoán limpa a cara de grans”. 

Malva: El refrán dice: «Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar».

Romeu: Crese que é a herba a que protexe e purifica os fogares por excelencia.

Herba luísa: É unha herba especial para os amores. Está asociado á festa.




Rematamos cun dos bonitos ramos que nos saíron ao final da expedición.                                                    


Sonia.


4 comentarios:

  1. Menuda expedición, eu tamén quero.

    ResponderEliminar
  2. Qué chulo poder celebrar el San Xoan así!

    ResponderEliminar
  3. Raúl comenta: "¡Me parece realmente fascinante lo que hacéis!"

    ResponderEliminar