Neste primeiros días do mes de Maio é moi común por Galicia adiante facer a celebración da primavera con algún tipo de tradición relacionada coas primeiras flores e o aumento das horas de sol e calor.
Xa temos falado máis veces sobre que na zona de influencia da cidade de Ourense é moi típico crear e expoñer esculturas figuradas realizadas con materiais naturais e compartir cantigas sobre temáticas de actualidade.
Porén, hai outros lugares nos que se utilizan ramas de xesta para escorrentar os malos espíritos ou a xente de atavía con coroas coloridas para imitar aos personaxes ancestrais das maias galaicas.
Este ano nós non os celebramos, pero sempre os temos na cabeza porque nos recorda a chegada das abundancias da natureza primaveral.
E para rematar, unha reflexión de Vicente Risco sobre o seu valor cultural:
"A festa dos Maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguer o sol por riba do horizonte e coller altura e forza".
Molan moito os Maios, sobre todo cando se é rapaz!
ResponderEliminarPola zona da costa de Galicia é moi típico colocar pólas de xesta nas portas das casas, nos coches e nas chalanas para que atraian a boa sorte e unha "boa colleita".
ResponderEliminarMira tí porqué vin estos días coches con xestas...!!!
ResponderEliminarEn el límite con la provincia de León, en Villafranca del Bierzo, también se celebran los Maios, con coplas y "árboles vivientes" para dar la bienvenida a la primavera y a las nuevas cosechas.
ResponderEliminar