sábado, 17 de mayo de 2025

Día das Letras Galegas

 


 Chegou un novo Día das Letras Galegas!

 A edición deste 2025 é moi especial porque está dedicada ás cantareiras tradicionais e á poesía popular oral que elas foron mantendo durante os anos, moitas veces na intimidade e a clandestinidade. 
 Por este motivo, a nosa celebración tamén ten dúas vertentes.

 Por unha banda fomos deixando polo hospital adiante cantigas históricas compiladas por antropólogas ao longo dos anos e de toda a xeografía galega para poñelas en valor e darlles difusión durante estes días.





 E por outro lado, desde o grupo de pandereta, o noso profesor Suso propúxonos facer unha sobremesa de foliada cantando en grupo que foi un éxito total tanto de afluencia como de desfrute. 


 O tempo acompañounos tanto que a xente foise sumando e pasamos un momento estupendo en homenaxe ás letras galegas e á música tradicional.
 




 Moitísimas gracias a toda a xente que se animou a cantar, tocar a pandereta, bailotear ou simplemente unirse ao grupo, así dá gusto!



 Con ese bo ambiente apetece repetir o máis pronto que se poida!


5 comentarios:

  1. Feliz día das letras galegas.

    ResponderEliminar
  2. Que bonita celebración.

    ResponderEliminar
  3. Xenial! Q bonita homenaxe ás nosas letras

    ResponderEliminar
  4. Feliz día! Qué celebración más chula

    ResponderEliminar
  5. Moi ben, este tipo de letras galegas dá moito pé a facer farra, así dá gusto!

    ResponderEliminar