lunes, 22 de agosto de 2011

O ARREPÍO QUE TE ACOMPAÑA

Esta é unha historía que me contou meu pai sendo nena, que me impresionou solemnemente, xa que eu sempre amei os animais, mais o lobo é odiado por todos os aldeáns, porque o seu gando case sempre se vía ameazado pola “maldita fera”.

Eu pretenzo ao concello de Vilar de Barrio, onde o lobo agora non aparece nin polas sombras, pero os maiores recordano e témeno e ata a veces sinten arrepíos ao falar del.

Unha noite de inverno ao lado da cociña de ferro meu pai quixome , por os pelos de punta e mostrar a ferocidade do lobo, comezou a explicarme que nos tempos de antes os mozos ían rondar as mozas as súas casas, os camiños eran tenebrosos por non decir tétricos nas noites de inverno e a veces os mozos levaban compaña, unha compaña que provocaba e provoca arrepíos.

Non recordo si un tal Antón viña dunha festa, ou simplemente de rondar a súa moza Isabel, pero creo recordar que era a festa de Codosedo, un pobo cerca do concello.

Nos tempos de antes as festas ou as “visitas” as mozas duraban como moito ata media noite, Antón pasou toda a noite bailando coa súa moza, bebendo cos mozos do pobo, disfrutando.( Eu imxinábame os mozos e as mozas na festa bailando ao son das panderetas e as cunchas. Os mozos levarían botas para non manchar os zapatos nas lamas e a roupa do domingo, as mozas cos mellores vestidos pero sen faltar o pano e o mandil.Eu estaba inqueda polo que me estaba contando meu pai.”)

Antón despois acompañou a Isabel a casa e estiveron no macedoiro, situado debaixo do balcón da casa, onde os pais de Isabel espreitaban para saber se ese rapaz era o indicado para a súa filliña; él estaba seguro diso porque á amaba con todo o seu ser, con un bico inocente da época despedíronse, (Antón sabía que os seus sogros estaban escoitando, non era parvo!) e emprendeu o camiño hacia Borrán, o pobo onde me criei por iso me gusta tanto esta historia.

A leña chispeaba, e meu pai seguiume contando pero esta vez cunha voz máis tétrica, que a min me provocaba certo arrepío, mesmo frio a pesar de estar a carón do lume.

Os camiños dáquela estaban rodeados de vexetación baixa, carqueixas….unhas poucas árbores e folla seca, debía ser outono.

Emocionado polo que falou coa súa querida Isabel e pensando nos proxectos de futuro comezou a cantar a canción da Carolina,pero, de repente sentiu un arrepío; “ A cara de meu pai cambiou e eu estaba +inqueda” era como se algo ou alguén lle turrara [1]do pelo para tras, ¡era medo! ¿A qué? Antón acelerou o paso, deuse conta que namentras camiñaba, algo ou alguén ó acompañaba según ía avanzando o camiño volvíase máis tenebroso e o medo ía aumentando, o seu corazón galopaba, pero esta vez non era por amor.” Puxéronseme os pelos de punta a min tamén”; Enseguida se deu conta de que quen ó acompañaba era o lobo, os seus pasos lixeiros entre a follaxe eran indistinguibles, e os ollos cheos de sangue, esa cor vermella que se ve perfectamente entre a ramaxe do camiño e sobre todote noite, “o meu corazón tamén se ía acelerando e o meu pai estaba disfrutando das súas lembranzas e da miña cara”; pero non eran duas luces vermellas,nin catro, eran oito!!!!

-         Meu Deus ¿ Cómo vou sair desta? – pensou Antón aterrado, pero deuse conta de que xa estaba preto de Vilar de Barrio, -¡miña salvación! Se chego o pobo perderán o rastro e deixaran de seguirme.

“Sentinme aliviada polo pobre Antón, pero….”

Antón  tiña a boca seca, a gorxa coma as pallas e o corpo frio, ó chegar a Vilar de Barrio decidiu parar no bar do Xoan para reporse.

Ó entrar o Antón era todo un poema.

-         Meu amigo, ¿qué che pasa que ves máis blaco que a neve e temblando? Preguntoulle Xoán
-         Acompañoranmo todo o camiño catro, dixo Antón
-         ¿Catro?
-         Sí, catro lobos. Ponme unha copa
Pouco a pouco foi recuperando a cor e o temple “a coñac sempre axuda”
-         ¿Se queres acompañote ata Borrán? Propuxolle Xoan
-         Non oh!, espero un pouco, perden o rastro e de aquí a casa chego ben, que é un paseo.
“ Eu pensei ¡ burroooo!!!! Pero claro como ía un dáquelas deixarse acompañar, ¿e o seu valor e honra? Sobre todo ante Isabel e seus pais.”
Relaxouse no bar do Xoán,  e emprendeu o camiño ata a súa casa, un kilómetro e medio, namentras ía camiñando ía pensando no traballo do día seguinte, e que a seguinte parada sería na Casa da Tina, para beber o último viño e onde se riría cos últimos borrachos, que soían ser de Borrán. “ O meu pai seguiu falando pausadamente…” ¡Pero…!, cando o Antón pensou que ó deixaran as catro feras, ó chegar ao Alto da Corga, un cruce próxi[2]mo o pobo atopouse rodeado, non tiña escapatoria, as catro bocas do cruce estaban ocupadas por catro feras enormes.
“Pensando no peor e co estomago encollido polo que podia pasar, ¿e que máis papá?.
 Meu pai dixome: pois miña nena, viu como lles caía a saliva espesa e branca polos dentes, uns dentes tan afilados coma picos, os catro relamíanse e íanse aproximando, a Antón non lle saía nin un folgo pola gorxa para pedir axuda pensou…, non pensaba. A respiración e o corazón eran trotes de cabalos e ELES estaban cada vez máis preto, casi sentía o olor a bravío, os seu corpos movianse armoniosamente, non equiparandose o seu tamaño, pois eran grandes, ben grandes, cada vez os vía máis grandes.
“ Eu Escoitaba atentamente a meu pai, nin a calor da cociña nin a televisión me entretiñan, - ¿E qué máis papá?. O meu pai cambiu a cara, relaxouse e proseguiu, namentras na Casa da Tina todo transcurría coa mesma algarabía de sempre, o tute, as rifas que se consideraban intercambio de ideas a berros e a aguardente e o licor corrían polas mesas e o carón do lume: ninguén se decatara que o can do Antón, Milor, estaba nervoso, máis inquedo do normal.

A quinientos metros, Antón viáse mal, as forzas íanselle , o medo apoderouse del, non se podía mover nin berrar, sentía os lobos  tan preto que pensou que a súa sour eran as babas das catro feras. “ eu xa dubidaba se isto ía acabar ben xa que ninguén o botaba de menos, ou eso parecía”.

Antón sen saber cómo silvoú, foi o único que necesitou Milor para correr como se o levara o demo, a xente extrañada pola reacción saíu da taberna. -¿Onde vai?

Cando Antón viu ao seu can, sentiu correr a sangue polas venas e o aire que saía pola súa gorxa converteuse nun:

-         ¡Qué me comen os lobos!!!!
-         ¡Qué me comen os lobos!!!!
-         ¡Qué me comen os lobos!!!!
Os berros soaron como alaridos e foi suficiente para que a xente da taberna collera o que pudera, paus, sachos, forqu¡tas, ata fouces, cando cegaron ao Alto da Corga viron a un Antón máis morto ca vivo, os lobos recuaron  con desgana pois tiñan pensado cear, pero desapareceron na noite, agora tiñan eles medo.

O primeiro que fixo Antón foi acariñar ao seu aliado de tantas e tantas, Milor, e despois viñeron as grazas e as apertas aos veciños, que entre sorisos foron ata Casa da Tina á festexar, festexar que non ía ser a cea de ninguén.

S.F.C.