Fai uns días que cumplimos con outra das "tradicións" do noso verán e visitamos a nova edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Este ano os xardíns están dedicados ás viaxes polo mundo e os diferentes continentes están moi presentes de xeitos orixinais e creativos.
Cando fixemos a visita tocounos un día solleiro e non tivemos demasiado bochorno nin incidentes con excesos de exposición ao sol.
Gustáronnos moitas das pezas, mais, como temos comentado outras veces, ao ser tantos xardíns con enfoques e detalles tan diversos, a visita faise cansada e custa chegar con espírito neural ao final do recorrido.
Entre quenes fixemos a visita houbo diversidade de gustos e nas votacións finais quedaron moi repartidas as nosas papeletas, cousa que indica o bo nivel dos traballos desta edición.
Xa estamos desexando saber cal será o xardín que finalmente gañe este ano e quede indultado para o festival do 2024.