Xoves de Comadres en Piñor
Este xoves 8 de Febreiro celebramos en Piñor a Festa de Comadres, onde desfrutamos con música, baile, larpeiradas e moito humor.
Os preparativos xa comezaron horas antes do inicio da festa, tanto cos disfraces coma coa preparación dos típicos doces do Entroido: filloas, orellas de carnaval ou "torrijas".
Ás cinco da tarde xa comezaba a soar a música no xinasio e tiñamos a disposición disfraces para quen quixese unirse a esta máis que típica festa galega. Tamén se prepararon os aperitivos e bebidas para acompañar ó baile e máis tarde chegaron os tan ansiados doces que os nosos compañeiros e compañeiras fixeron con tanto esfrozo e agarimo.
Xa case rematando tanta troula, na que foi destacable a implicación por parte de todos os que conformamos Piñor, houbo unha votación de catro categorías (raíña e rei do entroido, mellor disfrace "en feminino" e mellor disfrace do persoal) na que por orde de categoría os apremiados foron Elena, Diego, Eva e Martín.
Non faltaron tampouco fotos deste día especial, durante a festa e no estupendo "fotocall particular", que tamén se preparou en días anteriores, ademais de antefaces e marcos decorados para animar os posados.
En definitiva, foi unha velada excelente onde todos e todas desfrutamos dunha festa organizada con moito agarimo como se desmostrou no éxito da mesma, sempre esperando que cada ano sexa igual ou mellor ca o anterior.
FELIZ ENTROIDO A TOD@S !!
Elena.