Ao mellor estamos sendo un chisco pesadas coa marquetería, pero é que se trata dunha actividade tan agradecida que nos parece moi interesante mostrar algúns dos resultados das últimas labores que vimos de rematar.
Javi, Adrián e José Ramón están especialmente motivados con esta tarefa. Pero Javi en particular tense atrevido nos últimos días a entrar en detalles de decoración final dos seus traballos que axudan a elevar moito as pezas en calidade.
Con calma e moita delicadeza fóronselle poñendo detalles de pintura aos traballos que os fan lucir moito e ben valen un recoñecemento especial para os autores.