Entramos nunha das semanas grandes da provincia de Ourense e en Piñor non podemos quedar atrás.
Levamos unha chea de días cos preparativos do Entoido, traballando coa maquinaria a tope.
Organización dos disfraces e complementos, elaboración do noso tradicional cartel-photocall, ambientación do hospital e cociñado das sobremesas entroideiras para as merendas de festa.
O luns tocou clase de baile con mascarada e o mércores puxemos en práctica as nosas habilidades na pista de baile coa celebración durante toda a tarde do noso particular "Xoves de Comadres", pero fóra de día porque é ben sabido ¡que nos encanta innovar!
Todo está indo xenial, gracias especialmente á xente máis implicada: Conchi, Jose, Luisa, Juan, Raúl, Reyes, Adrián, Mari, Boris, Ángel, Carmen, Luisa, Montse e Isabel.