viernes, 12 de julio de 2013


A Manuel Antonio
(12 de xullo de 1900 - 28 de xaneiro de 1930)

Fatuo anhelo
da lembranza dun poeta
mordaz crítico
dos devanceiros da sua terra
indo sempre
"Mais alá"
na procura
da pureza da sua língua
Arrogante parladeiro
dos que lixan
co castizo o seu galego
ispido sempre
da fé dun vello crego
Na mar pregaba un tempo
a cobixo dun alento
confesando
ás veces ser poeta
e outras mariñeiro
Con anacos deste escrito
por anacos o seu talento.


Alejandra Mojón Gómez


1 comentario:

  1. Gustame moito este poema porque ainda que coñezo moi pouco de Manuel Antonio notase o cariño que a autora ten por el.
    O calor que transmite a través da palabra faite sentir moi preto do poeta e en poucos ringlons pareces viaxar pola Galicia daqueles tempos.

    ResponderEliminar