CAPITULO
III
Unha
vez no portal abriu o sobre e contou os billetes. Había
suficientes para pasar uns días
nunha pensión
lonxe do frío e
da soidade. Decatouse
de que mesturado cos
billetes había
nunha tarxeta
co nome dunha pensión. Non reparou no raro desa coincidencia.
Parecía que todo
se lle ía
poñendo de cara, por iso non advertiu en que mentras
ía camiñando na
percura
dunha parada de taxi unha sombra a seguía
uns pasos por detrás.
Quizáis o
cansancio dun día
tan intenso a fixeron descoidada. Pero estaba moi ilusionada porque
podería
descansar uns días
e repasar os seus recordos que o señor Valentín
lle reactivou
dándolle tanta
importancia ao seu pasado.
Xa na
pensión segue pensando en todo o que lle aportou o seu encontro con
Valentín.
Ela
tamén perdeu ao seu amor. Pero a súa forma de reaccionar foi
totalmente distinta. Ela fórase co seu compañeiro a unha fermosa
cabaña que tiña no monte. El era demasiado novo para morrer, pero
unha maldita enfermidade lle tiña os días contados, querían estar
solos, o amor que senten un polo outro é só deles.
Valentín
conservaban ata o último recordo e quería acabar os seus días
rodeado de todos eles. Ela sen embargo queimou a
cabaña e borrou todo o seu pasado, a súa vida nunca volvería se-la
mesma sen o seu compañeiro. Por iso todos vían dor onde ela quería
ver valentía.
Decatouse
de que Valentín non só conservaba os seus recordos senón que os
levaba con el con alegría e con un inmenso amor. Ela quería
borra-los, pero non só non deixaban de rondarlle a cabeza, senón
que lle producían moita dor e pensamentos negativos.
El
non só lle axudara económicamente e lle dera confianza. Fíxolle o
mellor regalo que nese momento podía necesitar. A súa dor era
normal, perdera o seu amor e por desgracia demasiado pronto, pero por
outro lado era unha muller moi afortunada. Os anos que pasou xunto a
el non puideron ser mellores nin mais fermosos. Por que desfacerse de
semellante tesouro? Sentía un profundo alivio, levar con ela esos
recordos e ese amor. Axudáronlle a torar a súa valentía e a
enfrontarse á súa vida con moitísima forza. El seguiría a o seu
carón para sempre. Por fin logrou descansar durante toda unha noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario