BÚSCASE PERSONAL DE OBRA BARATO
Estivemos traballando no invernadeiro, uns cantos de nós,"facendo e desfacendo" nas plantas.
Empezamos por facer regos para plantar novas plantas, tarefa que non é moi agradecida, sobre todo para as nosas costas, aínda que o bó é ter logo novos froitos para encher o bandullo. Por certo que se agradece, porque, a parte de vir do noso traballo, o que comemos está boísimo.
Démoslle duro ó sacho, para logo plantar a próxima colleita. Plantamos repolo, leituga e tomates.
Ademais diso, axudamos ás nosas plantas cun loitador contra o pulgón: ourogo. Esperemos que faia efecto na posterior colleita.
Como boa nova, destes días estivemos facendo unha limpeza e orden dos estantes e do material. Quedou moi ordenado, esperemos que dure moito tempo, porque logo hai que repetir o traballo de ordenalo todo outra vez.
PD. Buscamos obra de man barata (Je,Je).
Ui, o traballo ten moi mal nome, non sei eu se teredes moitos voluntarios.
ResponderEliminarOgallá me trabuque!
É laborioso, e certo é que somos poucos, sobor de 5, pero facemos o noso traballo con moita ilusión, sobor de todo á hora da colleita, que é moi agradecido. O Mellor, comer os nosos propios froitos, que crecen co noso traballo.
EliminarCoidade moito o invernadoiro , sei de boa tinta que auga non lle faltara je je (tedes con vos o rey da auga), xa me estou imaxinando as comerotadas que ides facer.
ResponderEliminarA man de obra segurisimo que aparece cando sexa pa comer as tostas de tomate.
Gracias Eva, a verdade é que ese é o mellor premio: comer uns productos riquísimos!!
Eliminar