viernes, 18 de diciembre de 2020

Luces de Navidad.

 

       Por fin temos ben avanzada a decoración navideña en Piñor. 


        Colocamos unha árbore na zona de espera, unha na entrada e outra na sala da televisión.



        Tamén fixemos, con bastante traballo un belén, que está situado na entrada principal, baixo as escaleiras. Quedou ben bonito, con todas as súas figuriñas colocadas con esmero e moito coidado, pois algunhas caían no céspede artificial. A xente opina que quedou precioso, pois puxémolo con moita delicadeza e son tantas figuras que queda impactante.


    No comedor a decoración queda chula ao colgar de moitas zonas do faiado. Quedan moi ben colgados os adornos armoniosamente e alégrannos as comidas, ó ver todo colorido. Luce moito e gústanos a todos e todas.



  

Sonia R. 





1 comentario:

  1. Muy buen trabajo, el ambiente navideño no está completo sin los adornos y las luces.

    ResponderEliminar