O MEU OLLAR
Ollar choreiro
Ollar vagoado
Ollar lastimeiro
Quén a mira
Quén a olla
Non soporta a dor
Dor reflectida no ollar
Ollar choreiro
Ollar vagoado
Ollar lastimeiro
Dun feitizo de lúa
Lúa que ella olla
Olla como confeseira
Confeseira duns males
Males que ela non
Non pode máis que
Máis que en mans
Da lúa que é...
Tamén FEITICEIRA
ENREIXADO
Vivindo entre reixas
Reixas, que non só barrotes
Reixas que van máis alá
Pode velo sol mais non
Non causa paz na alma
Non quenta a súa frialdade
Frialdade que a obriga a sobrevivir
Sobrevive dentro daquilo
Daquilo que tampouco é só lugar
É logo dentro do peito
Peito que afoga con cada respirar
Respirar que leva non trae vida
Vida que a mancou tanto
Tanto ou máis que os barrotes
Barrotes que apresan a súa
A súa alma, a súa persoa
Persoa que é potente
Potente, con carácter, fortaleza
Fortaleza para non deixarse caer
Caer entre reixas VIVINDO
O MEU ANXO
Porque choras tanto
Porque tanta dor
Porque tes tanto sufrir
Por un anxiño terreal
Ese anxiño que tes
Tes no corazón
Froito das túas entrañas
Alonxante de el
Máis ti ámalo demáis
Por iso choras tanto
Por iso a forte dor
Por iso sofres máis
Máis do que se soporta
Faste forte por el
El que te ama
Ti a o que amas
A vida alonxará a dor
Traerá de volta
De volta ese ANXIÑO TERREAL
CADALEITO
Ti cabachela a miña tumba
Ti sentenciache meu leito
Ti apretáchela a soga
Ti construiche meu cadaleito
Ti presidirala comitiva
Comitiva do meu sepelio
Porque morte en vida
Cando ti non verás
Mais tes o desexo mesmo
Mais triste que nin despedida
Mias lágrimas miñas mom túas
Explicación darás
Verdades que calarás
Só eu sei cal é o fin
O fin dos teus desexos
E cos teus feitos
Ti irás diante DO MEU CADALEITO
ebf
Que bonitos, ogallá eu fose capaz de facer unha obra de arte tan xenial. Noraboa.
ResponderEliminarEncántame a poesía, máis aínda cando é tan intimista como estas obras. Preciosas.
ResponderEliminarPreciosos poemas, noraboa ao autor ou autora!
ResponderEliminar