viernes, 28 de junio de 2024

Los Amos del Aire

 

  Nueva serie disfrutada y archivada en la despensa. 

 Después de algunos retrasos hemos terminado de ver una de las series de las que todo el mundo hablaba hace unos meses: Los amos del aire.


 Aunque nosotros la empezamos a disfrutar con mucho interés, el empeño fue decayendo y los espectadores disminuyendo en proporción.


 Finalmente, sólo las personas más enganchadas al argumento y la temática de la Segunda Guerra Mundial disfrutamos de todos dos capítulos e, incluso entre estas personas fieles, las valoraciones oscilan entre el amor y una cierta decepción.


 Se trata de una serie profunda y reflexiva que visualmente es impresionante; pero si buscas muchas batallas y bombardeos te recomendamos que te decantes por otras posibles candidatas del género bélico.

 

 

viernes, 21 de junio de 2024

EXCURSIÓN ÁS MÉDULAS


E como todos os anos comezan as excursións e as saídas de verán. 

Este ano a primeira que realizamos e Ás Médulas. Un impresionante entorno paisaxístico  formado como o resultado das explotacións aurífenas romanas. 

Considerada a maior mina de ouro a ceo aberto de todo o Imperio Romano.




Saímos ás 9, 20 do Hospital de Piñor e recollemos no parque do Posío a algúns dos pacientes do Hospital de Día que nos acompañan nesta viaxe.

Antes de chegar fixemos unha parada rápida na Rúa onde estiramos as pernas un pouquiño e tomamos un café ou refresco.



Sobre as 12:30 chegamos a Carucedo e algúns de nós fixemos un pequeno roteiro de senderismos pola Senda de Valiñas, unha pequena ruta circular duns 3 kilómetros. 










Comida na área recreativa da praia fluvial do Lago de Carucedo.








 A nosa volta merenda en Monforte e visita ao parque dos Condes e á zona do Colexio da Antiga.









viernes, 14 de junio de 2024

A familia crece ...

 

 Andamos un chisco despistadas e non vos temos contado que a temporada de primavera-verán no invernadoiro vai evolucionando a toda velocidade.


 Ademais das tomateiras que xa teñen unha altura moi considerable e cunha potencia que promete, recentemente temos plantado uns pementeiros e unhas leitugas para ter ingredientes completos para unha boa mesa de entrantes de verán.



 Manuel decidiu que sería boa idea plantar tanto pementos de Herbón como do país e tres tipos diferentes de leitugas porque dese xeito podemos facer deguntacións e ver cales son os productos máis apreciados entre os nosos.



 Agora mesmo as plantiñas están moi tenras polo que temos que darlles mimos a diario e ir recurrindo a diferentes remedios para que non nolas coma o bicherío e sigan tirando para arriba.


 Ben é sabido que seguiremos informando dos resultados, mais como cada ano estamos moi esperanzadas coa nosa hortiña.



viernes, 7 de junio de 2024

Coidado da pel e maquillaxe

 


 Tarde xenial a de onte cando viñeron Isabel e Mary a compartirnos os seus coñecementos sobre coidados da pel e maquillaxe.


 Aprendemos un montón con elas as dúas, practicamos unha chea de métodos para ter un cutis moito máis coidado e practicamos formas sinxelas e efectivas para maquillarnos dun xeito case profesional.



 Temos que agradecer ao Servizo de Humanización e por suposto ás voluntarias que nos transmitiron os seus coñecementos de xeito sinxelo e moi entretido.



 Foi tal o éxito da convocatoria que xa temos unha boa cantidade de xente esperando por unha nova edición.