viernes, 14 de junio de 2024

A familia crece ...

 

 Andamos un chisco despistadas e non vos temos contado que a temporada de primavera-verán no invernadoiro vai evolucionando a toda velocidade.


 Ademais das tomateiras que xa teñen unha altura moi considerable e cunha potencia que promete, recentemente temos plantado uns pementeiros e unhas leitugas para ter ingredientes completos para unha boa mesa de entrantes de verán.



 Manuel decidiu que sería boa idea plantar tanto pementos de Herbón como do país e tres tipos diferentes de leitugas porque dese xeito podemos facer deguntacións e ver cales son os productos máis apreciados entre os nosos.



 Agora mesmo as plantiñas están moi tenras polo que temos que darlles mimos a diario e ir recurrindo a diferentes remedios para que non nolas coma o bicherío e sigan tirando para arriba.


 Ben é sabido que seguiremos informando dos resultados, mais como cada ano estamos moi esperanzadas coa nosa hortiña.



2 comentarios:

  1. Supoño que ao ser en invernadoiro non importa demasiado, pero, non ides un pouco tarde?

    ResponderEliminar
  2. Pinta ben eso da degustación de leitugas e pementos!

    ResponderEliminar