viernes, 17 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas en Piñor.



   Este 2019 o Día das Letras Galegas está adicado a Antón Fraguas Fraguas e en Piñor tratamos de darlle o noso pequeno recoñecemento.


   Levamos unhas semanas preparando á nosa maneira unha exposición que colocamos por toda a escaleira do centro, como seña de identidade da típica imaxe da escaleira de tres carreiros do Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela xa que que Fraguas foi un dos seus promotores e o primeiro director do mesmo.








   Na exposición facemos un percorrido pola vida deste etnógrafo e referenciamos as súas obras máis destacadas xunto con moitas das citas que identifican a súa vida.









   Esperamos que vos agrade e que nos axude a todos a coñecer un pouco máis a este gran autor e defensor da cultura galega e da nosa lingua.









¡Feliz Día das Letras Galegas! 






3 comentarios: