Por fin disfrutamos dunha andaina polo bosque na zona entre Barbadás e San Cibrao das Viñas. En concreto na zona da Boutureira.
Comezamos a andaina no pobo de Bentraces, en concreto na rua da Vela. Dende alí introducímonos nun bonito bosque de carballos. Gracias á sua sombra non pasamos calor, a temperatura era ideal para a camiñata.
Despois de camiñar por esta zona, chegamos á Boutureira. É unha zona moi bonita, todo moi verde é nun estado fantástico, a pesares de que por alí vai moita xente a camiñar. Está todo moi ben coidado: o merendeiro, onde paramos a comer algo, ó lado do río, que tamén ten un muiño de auga.
Dende alí fixemos unha ruta circular, na que non deixamos de sorprendernos da paisaxe tan bonita e tan ben coidada.
Pasamos polo pobo de Loiro de abaixo para regresar ó punto de partida.
Agradecemos a Xesús que nos ensinara ese bonito lugar.
Deixámosvos cun video para que disfrutedes de A Boutureira con más agua y cascadas por las lluvias.
E si queredes máis información da ruta e de outras rutas que saen dende alí podedes visitar este enlace:
https://sancibrao.es/es/cultura-e-turismo/rutas-de-sendeirismo/de-boutureira-a-castroverde/
E xa estamos preparados para unha nova andaina.
Sonia y Nuria
Desde logo que hai lugares preciosos moi cerca de nós e descoñecémolos. Ás veces só camiñar por entre os carballos xa nos recorda que o monte de Galicia é un patrimonio que deberiamos coidar moito máis.
ResponderEliminar