Os xoves continuamos coa actividade de “entre todos lemos” e imos a ritmo lento, pero seguro, así rematamos con outro libro.
En concreto o libro de contos “Contos no espello”, que se trata dunha colección de 5 contos de distintos autores que teñen en común “O espello” no argumento, e todos están traducidos ó galego.
1 Hans Cristian Andersen.
“ A raíña da neve”
2 Catulle Mendes
“O espello"
3 Ramón del Valle Inclán
“Do misterio”
4 Lafcadio Hearn
“A a dama do espello”
5 Nathaniel Hawtworne
“O experimento do Dr. Heideegger”.
A actividade de lectura que facemos os xoves é moi entretida, e non podemos despistarnos do que lé o compañeiro ou compañeira, porque lemos un anaquiño cada ún. Ademáis os terapeutas traen varios libros, moi acertadamente para que se nos faga a hora moi apaixoante. Logo facemos unha votación para elexir o libro a ler.
Sonia Rodríguez
Por moi poquiño que se lea, sempre é de agradecer.
ResponderEliminar