jueves, 11 de noviembre de 2021

Xa chegou outro Magosto.

 

   É sabido que a festa do Magosto é moi importante na cidade de Ourense. Importante non por solemne senón por aquelo de "pasar un bo rato cos amigos e achegados" e empezar a catar as comidas do outono (que en Galicia a comida nunca pode faltar).


   En Piñor é unha das celebracións que ten máis éxito polo que xa levabamos uns días esperándoa con ganas. Como aínda sigue por aquí ese "fenómeno" do coronavirus e nós compartimos moitos momentos, a festa este ano volveu ser un chisco alterntiva. Pero celebrar, celebrouse.


   Os días anteriores son de traballo extra e apresurado porque hai que preparar todo: os materiais para os xogos, os importantísimos premios, as bicas e as castañas. Pero faise de bo gusto, porque despois tamén desfrutamos dos resultados.




   O día da celebración comezamos a mañá cociñando as últimas bicas e preparando un chocolate quente e unhas catañiñas churruscadas como manda a tradición.


   Xa pola tarde, empezamos con merenda de bica e chocolatiño quente para meterlle algo de enerxía extra ao corpo. Tamén foi ese o momento de probar as castañas que este ano son escasas e pequerrechas e teñen algún "acompañante" aínda que se comen de bo gusto porque están saborosas.


   Logo tocou o momento de xogar e tivo que ser no xinasio xa que o tempo estaba algo revolto e non quixemos arriscar. A verdade é que os xogos triunfaron un ano máis e tanto concursantes como público acompañaron e pasárono moi ben. 

   Como estabamos algo limitados de espazo só que puido xogar á "mariola" e á nosa versión adaptada da rana (que para a ocasión estaba disfrazada de "castaña"). Todo o tempo estiveron ocupados os espazos de xogo e pasóusenos a tarde nun suspiro.





1 comentario:

  1. Qué buena pinta tiene todo!!Y el bingo de la castaña siempre es éxito asegurado!

    ResponderEliminar