viernes, 17 de mayo de 2024

Luisa Villalta, Letras Galegas 2024.

 

 O Día das Letras Galegas, unha celebración que se leva a cabo o 17 de maio de cada ano, é un tributo ao papel vital que desempeña a literatura galega na nosa cultura. Este día especial non só recoñece a da escrita en galego, senón que promove o seu valor e a preservación cultural para futuras xeracións.

 


 Este ano 2024 a Real Academis Galega honrará a Luisa Villalta, nada na Coruña (1957 - 2004) e dende Piñor tamén lle quixemos facer a nosa pequena homenaxe.



(Música: E o mar, A banda da loba - 2024)

 Luisa constitúe unha destacada representante da cultura galega contemporánea, tanto no ámbito musical como no literario. A súa obra abarca todos os xéneros (poesía, teatro, novela e ensaio literario) sempre dende unha perspectiva renovadora e orixinal. 

 


 Por outra banda, foi coñecida polo seu grande activismo cultural, que de xeito constante e desinteresado levou a cabo en colaboración con diversas asociacións culturais, colectivos sociais e proxectos de diversa índole.


Por último, compartimos un pequeno vídeo onde lle marcamos o ritmo a canción Cruel Filosofía; unha das canciós que lle dedica o grupo de música Abanda da Loba con letra súa.  




Feliz Día das Letras Galegas!


 

1 comentario: