viernes, 31 de mayo de 2024

OS MANDALAS

 

 

En sáncrito, a antigua lingua do budismo e o hiduismo, a palabra mandala significa "círculo". Os mandalas forman parte da antigua tradición oriental e consideránse unha arte milenaria. 
 Un mandala é un deseño xeométrico ou un patrón de debuxo, a miúdo representado dentro dunha circunferencia, que pode representar o cosmos, as diferentes deidades ou a esencia da vida. 

 “Consiste en atopar a paz na simetría do seu deseño e a do universo.”
 Os mandalas convertéronse nun símbolo para a meditación e a relaxación en diferentes culturas. O seu uso para aliviar o estrés e acougar as tensións da vida cotiá está cada vez máis estendido.

 Este exercicio de introspección e meditación pode levar a espertar tamén a creatividade, a sensibilidade musical e a disciplina.

 A moitos de nós gústanos usar a técnica de colorear e a realizamos casi a diario.

Aquí algunhas imaxes do taller de artes plásticas da unidade de coidados especiais.















No hay comentarios:

Publicar un comentario