CAPITULO
VI
Na
habitación atopa fotos, papeis, documentos. Púxose a ver as fotos,
case todas do sr Valentín con diferencias e case sempre acompañado
dun neno, que tamén ía cambiando co transcurso do tempo. Entre as
fotos, unha gran sorpresa… , unha das fotos, na que aparece o mesmo
neno, xa mozo, aparece unha dedicatoria do “neno” ó señor
Valentín: “adicada o meu querido avó”. Non tiña a menor
dúbida, o mozo que aparecía na foto era o seu querido compañeiro.
Por un momento quedou paralizada ante a relación que acababa de
descubrir.
Seguín
buscando entre os papeis e documentos, e entre eles atopa varios con
símbolo da banda terrorista ETA; un suor frío recórrelle a
espalda. Cando recobra o alento, abre un caixón e dentro del ve
unha pistola, nun acto reflexo colle a pistola entre as mans. Pero as
súas mans temblorosas perden a forza e a pistola cae de novo dentro
do caixón. Ela moi asustada, sae correndo da estancia e do piso .
Desorientada corre escaleiras abaixo, só quere fuxir de alí a
escapar cara a pensión.
Un
rato despois, Valentín e a muller misteriosa volven ao piso. A
muller misteriosa entra na estancia e decatase, nada mais entrar,
que o caixón no que escondían a pistola estaba aberto e a
pistola descolocada. Mira despavorida ao seu redor e nota que
alguén estivera removendo os documentos e algunhas fotos ...
desconcertada, sae correndo da estancia na procura do Sr. Valentín,
berra o eu nome e el decatase de que algo serio pasou. Unha vez
xuntos, non tardan en decatarse de que fora a muller sen nome, “a
neta do Sr. Valentín”, quen estivera rexistrando a habitación, a
foto coa dedicatoria estaba por enriba de todas as demais. Canta
información atoparía? Que conclusións sacaría da súa relación
ca banda terrorista? Seria un perigo para eles?... algo tiñan que
facer.
Xa
na pensión ela, extrañada, aterrada e confundida, non
deixaba de dar voltas. Xa entende ese cambio na actitude de Valentín,
a relación dese home o seu compañeiro. A súa relación con ETA non
deixa de rondarlle na cabeza: tería o seu compañeiro tamén
relación coa banda? Que querían dela? Por que ten tentaban
axudarlle e a seguían?... de repente, a imaxe da pistola volveulle a
cabeza deixándoa petrificada ... aterrada sae correndo da pensión
en dirección á estación de tren. Quere fuxir da cidade antes de
que a atopen, pode que a súa vida corra perigo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario