A edición do Día das Letras Galegas deste peculiar ano 2020 está adicada a un galeguista tamén moi especial. El foi a un escritor, un poeta, un ensaísta, un lingüista e sobre todo un reformista da gramática galega do século pasado.
As Letras Galegas 2020 homenaxean a Ricardo Carballo Calero ou máis ben, a "Carvalho Calero" como el gostaba de asinar empregando a grafía portuguesa.
Por ser Carballo Calero un home controvertido que defendía a irmandade do galego co portugués e estar considerado un dos pais do reintegracionismo pódeselle homenaxear de mil e unha maneiras. E nós é o que vimos de facer durante estes días.
O galego é unha língua viva, complexa e con grandes variacións por iso incluso as súas gramática e lingüística teñen correntes diversas.
Carballo Calero foi un pioneiro dunha delas que pretende distanciarse do castelán e acercarse ao portugués e con esa idea construíu toda a súa obra.
Foi un home máis centrado en literatura técnica pero que non deixou de lado o teatro, a poesía e a novela. Parece moi recomendable que a academia galega homenaxee a autores destas características para dalos a coñecer a poñer en valor a súa obra.
Gracias aos terapeutas aproximámonos á súa vida e obra de diferentes formas e aquí vos deixamos algúns materiales que consideramos útiles e amenos para este fin.
Son moi interesantes estas cancións con poemas musicalizados do homenaxeado...
... e algúns fragmentos da súa obra e dos seus pensamentos.
Por último, quedan aquí as nosas creacións artísticas en honor a Ricardo Carballo Calero, a súa figura e a súa obra.
Son os nosos pequenos homenaxes desde o respeto e a modestia.
Feliz 17 de Maio do 2020!
Feliz Día das Letras Galegas!
Sonia, Paula, Nuria, Martín e un gran elenco de colaboradores.
Feliz día das letras galegas.
ResponderEliminarParafraseando a Castelao, cabe recordar que "se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma" polo tanto: ¡Bo día das Letras Galegas!
ResponderEliminarLede, lede moito e lede de todo; pero sempre que sexa posible, lede en galego.
ResponderEliminarAgarimo,alambique,apertas,arroutada,avoa,axóuxere,barallocas,bertóns, bica,bico,bolboreta,brétema,caldelao,carallo,chosco,colo,enxebre, feitiño,fervelle,ledicia,luscofusco,morriña,nai,orballo,parvo,quérote,
ResponderEliminarrabudo,raizame,recuncho,riquiño,rosmar,souto,toxo,trapallada,xeito.....
Temos o idioma máis bomito do mundo.
Feliz Día Das Letras GALEGAS.
Moi completa a entrada.
ResponderEliminarNoraboa polo traballo.